6/2/07

Presentación de Clásicos en Galicia

A pegada dos clásicos grecolatinos na literatura e na arte de Galicia é inmensa e xa existen numerosos traballos que teñen consolidado o estudo da Tradición Clásica na nosa terra. Unha boa mostra do realizado pode consultarse na bibliografía de Estudos Clásicos e Galicia feita pola profesora Dª Teresa Amado Rodríguez da Universidade de Santiago de Compostela.
A nosa intención é moito máis modesta. Pretendemos neste blog ir dando a coñecer estas pegadas dun xeito sinxelo asequible a un público xeral e tamén ó noso alumnado. Con todo isto quedará clara a presencia dos Clásicos na tradición galega.
Dende Galicia cos Clásicos para o mundo.