24/11/08

Chiron en Santiago ou unha oportunidade para que os clásicos galegos se poñan en camiño

Esta fin de semana, un grupo de oito centauros chironianos desembarcaron en Santiago de Compostela, dispostos a dar un curso titulado "Chiron: clásicas 2.0 na aula", organizado pola sección de Galicia da SEEC (Sociedad Española de Estudios Clásicos), dentro dos programas de formación do profesorado da Universidade de Santiago. Podedes ver a crónica da experiencia no blog Doceo et Disco e enVoces griegas e tamen fotos do evento. Os meus parabéns a Álvaro, verdadeira referencia dos clásicos galegos na rede, pola organización e a paixón que pon neste eido.
Pola miña parte tiven o pracer de coñecer a centauros que aínda non coñecía e ver cómo o grupo se crece ante as dificultades. Agradecer tamen a paciencia dos profesores ante as dificultades técnicas e animalos a emprender esta nova vía.
O meu desexo, e o de todo Chiron, é que comencen a aflorar blogs, wikis e aulas virtuais nos nosos lares, pouco a pouco pero sen pausa.
Como di a centauresa Ana: compartir é multiplicar e en Galicia seguro que temos moito que compartir e quizáis non coñeciamos os medios para facelo.
Como se comentou no curso, en Galicia temos moito por facer e o terreo é practicamente virxe: blogs de profesores, de alumno, de aula; entradas na galipedia; aulas virtuais...
Boa sorte aos participantes na fase virtual e moitos ánimos. Confío en que pronto se verán os froitos.

4 comentarios:

Ana Ovando dijo...

Seguro que sí, Fernando, pronto se poblará la red de palabras en gallego. El recuerdo que me llevo es de mucha gente con ganas de trabajar y muy motivados, así que hemos empezado el camino.

Fue un privilegio contar con tu presencia durante toda la jornada del sábado y acompañarnos en los momentos más duros. Muchas gracias. Espero que pronto podamos vernos de nuevo.

Álvaro P. Vilariño dijo...

Grazas Fernando. Entre todos hemos conseguir unha Gallaecia máis dinámica na aplicación das TIC.
E para comezar, aí vai esa proposta da que che falei esta fin de semana, a creación dunha seccion na wiki de Chiron con materiais da selectividade de Galicia, tanto de grego como de latín.

Luis Inclán García-Robés dijo...

Fernando:
Claro que sí: los frutos ya estan viniendo. Y con gente como tú (animando, aportando cosas...) seguro que todos se volcarán. El planeta se enriquecerá con muchos blogs gallegos.
Gracias por tu visita y hasta siempre.

Olga dijo...

¿Has visto, Fernando, cómo crece la blogsfera clásica gallega? Y la Gallipedia y los cursos virtuales... y lo más interesante, la motivación de profesorado que nos impulsará a mantenernos en la brecha.
Por cierto, gracias por un inolvidable paseo por Santiago y por todo el apoyo, no sólo moral, que nos dieste.