14/10/07

Teucro, o arqueiro de Troia en readgalicia.com


A miña novela Teucro, o arqueiro de Troia está incluida na nova web readgalicia.com que promociona a literatura galega de cara o exterior de xeito que o mundo lea a Galicia.

21/6/07

Cita de Teucro, o arqueiro de Troia en "Pontevedra Literaria"

A miña novela Teucro, o arqueiro de Troia ven de ser citada no libro Pontevedra Literaria (páx. 209) editado polo Concello de Pontevedra e a Fundación Caixagalicia ( 2007) a cargo de Ana Acuña Trabazo, Carme Blanco Ramos, Eloi Gestido de la Torre y Xosé Abilleira Sanmartín. É un gran volume no que se inclue unha escolma de textos relativa a Boa Vila.

17/5/07

Novela histórica en galego sobre a Antigüidade clásica


Contamos con algunhas novelas históricas en galego sobre a Antigüidade clásica da nosa terra que poden ser un bo recurso didáctico nas aulas.

Teucro, o arqueiro de Troia, Noia, Toxosoutos, 2004.


O ouro de Agrícola, Edelvives-Tambre, 2004.


Medulio. O norte contra Roma, Noia, Toxosoutos, 2005.


Se alguén coñece outras agradeceríalle un comentario neste blog. Tamén poden ser novelas en galego sobre Grecia e Roma que non se refiran estrictamente á nosa historia.

8/5/07

Eleccións na Roma antiga


Neste tempos prelectorais non está de máis ler os consellos de Quinto Cicerón ó seu irmán o famoso Marco Tulio Cicerón.
Podes atopar textos sobre as eleccións de Pompeia en latín/castelán aquí.

1/5/07

Contos da Galicia romana

Contos da Galicia romana: un novo xeito de co–ñecer a romanizació—n de Galicia
Autor: Fernando Lillo Redonet
Editorial: Toxosoutos, Noia, 2000
Colecci—ón: Ensino
Nœm. pp.: 71
Tamañ–o: 24 x 17

O libro propón un novo xeito de coñecer a romanización da nosa terra. A través de relatos ficticios, pero baseados sempre nas fontes históricas, literarias e arqueolóxicas, aprendemos os principais aspectos da conquista e da romanización de Galicia. Nestes contos seguimos a Teucro no seu regreso dende Troia até a ría de Pontevedra, introducímonos no castro de Santa Tegra da man dun lexionario romano, acompañamos a Xulio César na súa expedición contra os herminios, asistimos á tráxica sorte dos guerreiros do Monte Medulio, visitamos a cidade de Lugo no tempo dos romanos e contemplamos a enxeñería romana para extracción do ouro nas minas das Médulas.

Podes ler a reseña crítica de Mª Luisa Ortiz Ruiz publicada no nº 29 da Revista Galega do Ensino, pp. 255-256.

Mitoloxía clásica en Galicia


A filosofía deste blog está plenamente recollida no meritorio traballo destes tres volumes que recomendo vivamente. Neles atoparedes unha chea de suxerentes textos e fotografías para utilizar na aula.

Os deuses do Olimpo
por Matilde De Cal Cortina e Xosé Manuel Bértolo Balllesteros
Autoría: Matilde De Cal Cortina e Xosé Manuel Bértolo Balllesteros
ISBN: 978-84-96526-04-4
Editorial: Baía Edicións
Ano: 2005
Nº Páx.: 128
Primeiro dos tres tomos da mitoloxía clásica na arte e na literatura galegas. Neste título estúdanse os deuses Zeus, Hera, Poseidón, Hades, Atenea, Apolo, Afrodita, Ares, Hermes e Dioniso. Cada deus ou heroe vai precedido dunha información mitolóxica, para unha mellor comprensión das obras artísticas e literarias elixidas.A meirande parte das mostras de arte que presentamos son de artistas galegos; outras foron realizadas especificamente para Galiza por artista foráneos. Recollemos tamén aquelas obras que, independentemente da súa autoría, se atopan permanentemente en exposición nos nosos museos ou institucións, públicas e privadas.As obras literarias son maioritariamente en galego. Algunhas están en castelán, pero escritas por autoras e autores galegos, dos que escollimos, agás no caso dalgunhas poesías, os parágrafos máis significativos...A mostra, tanto de arte como de literatura, non pretende ser exhautiva, aínda que a consideramos suficientemente significativas, a día de hoxe, para comprender a importancia da mitoloxía clásica na cultura do noso país.



As divindades menores
por Matilde De Cal Cortina e Xosé Manuel Bértolo Balllesteros
Autoría: Matilde De Cal Cortina e Xosé Manuel Bértolo Balllesteros
ISBN: 978-84-96526-05-1
Ano: 2005
Nº Páx.: 144

Segundo dos tres tomos da mitoloxía clásica na arte e na literatura galegas. Neste título estúdanse os Titáns, as divindades das augas, do bosques e montañas, do alén e outras divindades individuais e colectivas.A meirande parte das mostras de arte que presentamos son de artistas galegos; outras foron realizadas especificamente para Galiza por artista foráneos. Recollemos tamén aquelas obras que, independentemente da súa autoría, se atopan permanentemente en exposición nos nosos museos ou institucións, públicas e privadas.As obras literarias son maioritariamente en galego. Algunhas están en castelán, pero escritas por autoras e autores galegos, dos que escollimos, agás no caso dalgunhas poesías, os parágrafos máis significativos...A mostra, tanto de arte como de literatura, non pretende ser exhautiva, aínda que a consideramos suficientemente significativas, a día de hoxe, para comprender a importancia da mitoloxía clásica na cultura do noso país.


Os heroes
por Matilde De Cal Cortina e Xosé Manuel Bértolo Ballesteros
Autoría: Matilde De Cal Cortina e Xosé Manuel Bértolo Ballesteros
ISBN: 978-84-96526-17-4
Editorial: Baía Edicións
Ano: 2006
Nº Páx.: 152

Último dos tres tomos da mitoloxía clásica na arte e na literatura galegas. Neste título estúdanse os heroes agrupados en oito capítulos: A guerra de Troia, A Odisea, Hércules, Edipo, Teseo, Perseo, Orfeo e Xasón e os Argonautas. Cada heroe vai precedido dunha información mitolóxica, para unha mellor comprensión das obras artísticas e literarias elixidas.A meirande parte das mostras de arte que presentamos son de artistas galegos; outras foron realizadas especificamente para Galiza por artista foráneos. Recollemos tamén aquelas obras que, independentemente da súa autoría, se atopan permanentemente en exposición nos nosos museos ou institucións, públicas e privadas.As obras literarias son maioritariamente en galego. Algunhas están en castelán, pero escritas por autoras e autores galegos, dos que escollimos, agás no caso dalgunhas poesías, os parágrafos máis significativos...A mostra, tanto de arte como de literatura, non pretende ser exhautiva, aínda que a consideramos suficientemente significativas, a día de hoxe, para comprender a importancia da mitoloxía clásica na cultura do noso país.

30/4/07

Pondal e os 300


Leónidas e os 300 están hoxe de moda, pero xa o noso poeta Eduardo Pondal evocaba a súa heroica morte neste poema de Queixumes dos pinos (edición de 1886, p. 19-20). Comenta o tema e a intención do poema e a súa relación con Leónidas e os 300.


Morrer en brando leito,
Entre molentes brondas,
Rodeados d' amigos,
Q'o pracer nos recordan;
De tímidas doncellas,
Imbeles e chorosas,
Que pra mayor dozura,
Na nosa última hora,
Ó redor de nos ceiben,
Lirios e brandas rosas;
Certo he desparecer cal vírgen tímida,
Brandamente, e sin gloria.


Oh' quen morrer poidera,
Coma o forte Leónidas;
Envolto en duro ferro,
N'outras rudas Thermópilas;
!Por unha pátria escura.
D'escravos e d'ilotas;
E deixar, cal cometa,
Longo rastro de gloria!

E caíra, non prono,
Coa faz a terra volta,
Mais as turmas conversa,
Audaz e miazosa;
Ainda apreixando o rutilante ferro,
Que verte gota á gota!
De modo, q'o viandante,
Vendo con gran zozobra,
Crubir a dura terra,
A cinza poderosa,
Dixéra con espanto:—Certamente
Este era grande cousa!


Podes consultar tamén unha guía da película 300 en castelán aquí.

6/2/07

Presentación de Clásicos en Galicia

A pegada dos clásicos grecolatinos na literatura e na arte de Galicia é inmensa e xa existen numerosos traballos que teñen consolidado o estudo da Tradición Clásica na nosa terra. Unha boa mostra do realizado pode consultarse na bibliografía de Estudos Clásicos e Galicia feita pola profesora Dª Teresa Amado Rodríguez da Universidade de Santiago de Compostela.
A nosa intención é moito máis modesta. Pretendemos neste blog ir dando a coñecer estas pegadas dun xeito sinxelo asequible a un público xeral e tamén ó noso alumnado. Con todo isto quedará clara a presencia dos Clásicos na tradición galega.
Dende Galicia cos Clásicos para o mundo.